8º Ciclo de Cinema Galego-Portugués
Nos próximos dias 25 e 26 de setembro irá decorrer em Vigo o 8º Ciclo de Cinema Galego-português, organizado pelo Consello da Cultura Galega.
A iniciativa foi concebida em 2018 com um claro foco feminista e com o objetivo de «poñer en diálogo Galicia e Portugal a través do cinema, cunha atención especial ás mulleres e á súa relación co patrimonio, a memoria e o territorio como espazos de creación, conflito e transformación social». Ao longo das diferentes edições (em Vigo, Arcos de Valdevez, Verín, Guimarães e Tui) nestes anos passados, tal como explicam os organizadores, o ciclo converteu-se em um «proxecto transfronteirizo de referencia».
Esta que é a oitava edição regressa a Vigo com o lema «Mulheres - Patrimonios - Sociedade» e terá lugar no auditório do Museu MARCO. A programação deste ano gira em torno da biografia coletiva das mulheres e arrancará no dia 25 de dezembro, sexta-feira, com uma breve apresentação às 18h30 a que se seguirá a exibição da obra Crías (2026), da realizadora Xiana do Teixeiro, que se apresenta como «unha película-arquivo como unha especie de ‘contra biografía’ colectiva que pode representar como foi a adolescencia de tantas mulleres».
No dia seguinte, na parte da manhã, pelas 11h00, Xiana do Teixeiro dirigirá a oficina «Eu non escribín iso, pero encantaríame telo escrito». Mais tarde, a partir das 19h00, duas peças em diálogo: Cienfuegos, 1913 (2008), de Margarita Ledo Andión, e Mulheres, Terra, Revolução (2025), de Rita Calvário e Cecília Honório. Na primeira, a realizadora galega apresenta uma curta que explora biografia ligada à emigração e à história do século XX, e, a segunda é um documentário que conta a história das «mulleres rurais portuguesas nas loitas pola terra». Depois das projeções, haverá um colóquio com Bruno Tiago Jesus Madeira, da Universidade do Minho.
A entrada é livre, sujeita à lotação do espaço. Todas as informações estão disponíveis no site do CCG nesta ligação.
Reproduzimos a seguir o programa completo:
- VENRES, 25 de setembro
18:30 horas – Presentación
18:45 horas – Crías | Xiana do Teixeiro | Galicia | 2026 | 122’
Que é un diario íntimo?
Crías abre por primeira vez ducias de diarios que foran pechados para sempre e interpela a esa escritura propia da cultura de dormitorio: o que só podemos facer (ou dicir) cando ninguén nos mira, o que facemos para ninguén, para nós mesmas. No desdobramento de escribirse unha mesma xorde esoutra eu, perigosa, estraña, excitante, que ten prohibido saír ao mundo exterior. Pero, que sucedería se abrísemos eses diarios adolescentes xuntas? A película leva a cabo un exercicio de rehabilitación literaria: rescata libros nunca lidos nin respectados, mapea o inframundo da contrabiografía adolescente feminina e atopa un corpo común nas escrituras do eu. Desde o cuestionamento de como funciona o arquivo, ensáiase unha posible xenealoxía da destrución da escritura das mulleres. Crías é unha rachadura cinematográfica. Unha expedición feminista que transita do cursi ao político. E tamén, como dixo unha amiga, «un filme-zine feito con todos os nosos diarios».
Ao remate da proxección terá lugar un coloquio coa directora Xiana do Teixeiro.
- SÁBADO, 26 de setembro
11:00 horas – Obradoiro | Xiana do Teixeiro (directora do filme Crías) | «Eu non escribín iso, pero encantaríame telo escrito»
Obradoiro sobre escritura íntima, actividade participativa arredor da investigación-filme Crías.
O taller parte do visionado do filme Crías. Recoméndase asistir á sesión da proxección o día anterior, venres 25 de setembro. Teremos materiais no espazo para suplir o visionado ou revisar en grupo. A través de exercicios de introspección e lectura compartidas, traballarase sobre escritura íntima propia e allea. Poñeremos o foco en descubrir o que pode haber de colectivo na escritura privada, o potencial político das prácticas e discursos íntimos, e a súa relación co xénero. O obradoiro servirá tamén para achegar o formato do diario ás persoas participantes e practicar competencias de lectura, escritura, discusión e escoita grupal, así como o exercicio de escritura colectiva dun breve texto que recollerá a experiencia do taller e conectará con outros espazos onde tamén se traballe con este filme-investigación.
Formato: Duración: 3 horas | Capacidade: máximo 15 persoas | Idade recomendada: a partir de 12 anos.
19:00 horas – Cienfuegos, 1913 | Margarita Ledo Andión | Galicia | 2008 | 15’
O sostemento da historia desde os corpos femininos, en concreto, a emigración galega a Cuba como consecuencia histórica da desigualdade na posesión da terra, dos foros e da pobreza estrutural.
– Mulheres, Terra, Revolução | Rita Calvário e Cecília Honório | Portugal | 2025 | 58’
Entre o campo e a revolução, este documentário dá voz às mulheres rurais que foram protagonistas silenciosas da mudança. Através de testemunhos de agricultoras, cooperativistas e jornalistas, revela-se uma história de resistência, luta pela emancipação e construção de poder popular, num tempo em que falar —e agir— era, para muitas mulheres, um acto revolucionário.
Ao finalizar as proxeccións manterase un coloquio con Bruno Tiago Jesus Madeira, da Universidade do Minho.




