Vaga de colaborador/a no projecto POEPOLIT II
O projecto “Contemporary Poetry and Politics: Social Conflicts and Poetic Dialogisms (POEPOLIT II)” , com participação da CJS, oferece uma vaga de colaborador/a:
CONVOCATORIA para a contratación dun/ha colaborador/a de apoio á investigación no proxecto POEPOLIT II - Contemporary Poetry and Politics: Social Conflicts and Poetic Dialogisms, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades do Goberno de España (PID2019-105709RB-I00, 2020-2023).
Condicións do contrato
Duración: 1 de novembro de 2020 a 30 de abril de 2021, prorrogábel.
Tipo de contrato: contrato a tempo parcial (20h/semana).
Retribución mensual bruta: 800,00 €.
Características do traballo: apoios varios á realización do proxecto POEPOLIT II; que inclúen a colaboración na elaboración dunha base de datos, a asistencia á coordinación e administración do proxecto nas súas diversas tarefas de investigación, difusión, execución económica, organización loxística de eventos, así como a participación nas actividades previstas.
Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Requisitos das persoas candidatas e baremo de méritos
1. Licenciatura/Grado en Filoloxía ou titulacións afíns (Linguas e Literaturas, Tradución e Interpretación, Teoría da Literatura, Estudos Culturais, Belas Artes, entre outras). [Até 1,5 puntos.]
2. Competencias altas en lingua galega e castelá, así como en lingua portuguesa. [Até 2 puntos.]
3. Formación específica ou acreditación de coñecementos/experiencia en ámbitos transversais relevantes para o proxecto (nesta orde de prioridade: poesía actual, movementos políticos/sociais da actualidade, edición dixital, interculturalidade, intermedialidade; traballos de administración, xestión económica, correspondencia, etc.). [Até 2,5 puntos.]
4. Competencia avanzada en inglés. [Até 1,5 puntos.]
5. Coñecementos e experiencia altas a nivel usuaria/o en programas de texto e bases de datos (preferibelmente tamén en programas de tratamento de imaxe, vídeo, etc.). [Até 1,5 puntos.]
6. Carta de motivación. [Até 1 punto.]
Avaliación dos méritos
· Unha primeira avaliación das candidaturas farase a partir de CVs actualizados e das cartas de motivación, en función dos cales a Comisión de selección comporá unha lista provisoria de admitidas e admitidos.
· Abrirase un prazo de reclamacións de 3 días hábiles desde a publicación da lista provisional de admitidas e admitidos, despois do cal se procederá á publicación da lista definitiva.
· En caso de persistiren dúbidas, as persoas candidatas mellor posicionadas na lista definitiva de admitidas e admitidos poderán aínda ser convidadas para unha entrevista virtual, a partir da cal se decidirá definitivamente a persoa seleccionada para o contrato, así como a correspondente lista de reserva.
· A Comisión de selección resérvase o dereito de solicitar documentación suplementaria para a xustificación dos méritos alegados.
Procedemento da candidatura:
As persoas candidatas deben enviar o seu CV e a carta de motivación até ás 14 horas do día 1 de outubro de 2020, ao enderezo electrónico burg@uvigo.es .