Universidade de Vigo
IDIOMA 
PTESGL
Jose Saramago
 


Artigos relacionados

Ciclo internacional de videoconferências

No marco das actividades organizadas polo proxecto de investigación POEPOLIT (Poesía Actual e Política) e co apoio da I Cátedra Internacional José Saramago, a Universidade Autónoma de Campeche (México) realiza o ciclo de videoconferencias internacionais “Conjeturas sobre poesía y política contemporáneas”, que inclúe a investigadores de ata seis universidades diferentes. As conferencias desenvolveranse durante os meses de outubro, novembro e decembro, e comezarán este mércores coa intervención de Ana Chouciño (Universidade de Santiago de Compostela), que falará sobre "Melancolía y política en algunos poetas mexicanos del siglo XX". Posteriormente, será o turno de Alethia Alfonso (Universidad Iberoamericana), que tratará a poesía política a través da cuestión "Política o ética? Consecuencias posibles de las poéticas contemporáneas". O 23 de novembro será a oportunidade de Alba Cid (Universidade de Santiago de Compostela), cuxa conferencia leva por título "'Lo que no desaparece': posibilidades de la enunciación colectiva en Antígona González, de Sara Uribe". O 29 de novembro Burghard Baltrusch (Universidade de Vigo) presentará a súa comunicación "Reflexiones sobre poesía y política a partir de El año de 1993, de José Saramago" e o  día 30, Iratxe Retolaza Gutiérrez (Universidad del País Vasco) fará o propio con "La construcción del género en la poesía carcelaria (en lengua vasca)". A última das conferencias será a impartida por Ilka Kressner (Universidad de Albany, SUNY) o 7 de decembro baixo o título "Desasosiego en la ciudad neoliberal. Reflexiones en torno a la poesía peruana urbana contemporánea". Os resumos de cada unha das conferencias pódense consultar pinchando no título de cada traballo.

O programa completo encontra-se no anexo.

A conferência de Burghard Baltrusch pode ser visualizada na UVigo TV (acesso aqui).

Mais informação aqui.

Publicado, 15/12/2017




Etiquetas

Conferências
Poesia




Artigos relacionados