Reflexións sobre a metodoloxía da Historia n’Os europeos en Abrantes
A investigadora da Cátedra Internacional José Saramago, Antía Monteagudo, publicou o artigo “Reflexións sobre a metodoloxía da Historia n’Os europeos en Abrantes” no volume I da revista Cumieira (2016) da Universidade de Vigo, editada por Xosé A. Fernández Salgado.
Resumo
"O presente traballo é unha reflexión sobre os diferentes métodos para a investigación da Historia a través da lectura de Vicente Risco Os europeos en Abrantes. O obxectivo é chegar a formular conclusións teóricas sobre a metodoloxía a partir dunha análise dos elementos principais do relato (estrutura, personaxes, acción e subxénero) e pasando por unha revisión do ideario do autor. O procedemento empregado para a realización deste traballo é o indutivo, xa que se vai dende o máis concreto (o texto), ao máis abstracto (teoría). Ao abeiro do texto, preséntase a distinción entre dúas formas de coñecemento: un, estudado e reflexivo; outro, sobreentendido e intuitivo. Isto mesmo ocorre coa palabra «historia», que obtén un significado diferente segundo se empregue con maiúscula (a ciencia da Historia) ou en minúscula (o relato do acontecido e non do pensado). Para finalizar, na conclusión, reflexiónase sobre o tipo de estudos aos que pertence a Historia."
Antía Monteagudo Alonso licenciou-se em Estudos de Galego e Español pela Universidade de Vigo e cursou o Mestrado em Estudos Literários, Culturais e Interartes na Universidade do Porto. Atualmente está a realizar a sua tese de doutoramento. É também membro dos projetos de investigação POEPOLIT II e BiFeGa e investigadora permanente da I Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo. As suas linhas de investigação são: poesia do quotidiano, literatura galega contemporânea e literatura portuguesa contemporânea.