Universidade de Vigo
IDIOMA 
PTESGL
Jose Saramago
 

Blog

A Cátedra Saramago leva a Lisboa as creacións das alumnas de Belas Artes

No marco das actividades da súa sétima conferencia internacional, a Cátedra Internacional José Saramago (CJS) da Universidade de Vigo promovía en 2022 unha exposición que permitía coñecer as ilustracións que a artista Graça Morais realizara para a segunda edición do libro de prosa poética do Nobel portugués O Ano de 1993. As reproducións das obras que a pintora realizara inspirándose en varios dos textos do libro reúnense agora de novo na Universidade de Lisboa, na exposición Graça Morais e José Saramago: a Arte de Pensar O Ano de 1993. Organizada pola CJS, a Facultade de Belas Artes da universidade lisboeta, o Instituto Politécnico de Bragança e o Laboratório de Artes na Montanha Graça Morais, esta exposición complétase cunha videoinstalación, coordinada pola profesora Sol Alonso e conformada polos caligramas realizados por doce alumnas da Facultade de Belas Artes da UVigo baseándose en oito dos poemas seleccionados por Morais e nas súas ilustracións.

Para ampliar información preme nesta ligazón.

Publicado, 20/03/2024




Artigos relacionados