Universidade de Vigo
IDIOMA 
PTESGL
Jose Saramago
 

Blog

A curtametraxe “A máis grande flor do mundo”

Conferência plenária nas I Jornadas José Saramago em Vigo:

"A curtametraxe A máis grande flor do mundo”

Chelo Loureiro (Abano Productions)

Quinta-feira (xoves), dia 17/11/2016 às 12h00 no Salão de Atos da FFT


Tendo en conta que as produtoras non producen curtametraxes dado que, sobre todo no caso da animación, teñen un alto custe e moi difícil retorno económico, o noso caso xa é singular producindo este tipo de traballos, polo que partirei explicando o que supón
  • Producir unha película de animación: por que é importante producir curtas dunha forma profesional e desde a industria.
  • A importancia de rodear aos novos realizadores de grandes creadores e profesionais expertos.
  • A maior flor do mundo, o proxecto que a ninguén interesaba.
  • Traballar con Pilar e José.


Chelo Loureiro formouse en xestión de empresas relacionadas con Industrias Culturais, pero dedícase en exclusiva ao sector audiovisual. Traballou en produtoras como Lúa Films ou Continental Producións. En 2007 fundou a súa propia produtora Abano Producións. No seu traballo como produtora audiovisual desenvolveu proxectos de como, por exemplo, De Profundis (2006), La crisis carnívora (2008), El soldadito de plomo (2008), A máis grande flor do mundo (2007), El Gigante (2012), La tropa de trapo en la selva del arcoiris (2012), La tropa del trapo en el país donde siempre brilla el sol ( 2010). É vicepresidenta de DIBOOS (Federación de Asociacións de Produtoras de Animación), delegada en Galicia da Asociación de Mulleres Cineastas e responsable de internalización no Cluster Audiovisual. Tamén é membro da Academia das Artes e das Ciencias Cinemátográficas de España, da Academia Galega do Audiovisual e da Academia de Cinema Catalá.
Publicado, 10/11/2016




Documentos anexos



Etiquetas

Jornadas José Saramago
Notícias
Conferências
Cinema
Filmes




Artigos relacionados