Universidade de Vigo
IDIOMA 
PTESGL
Jose Saramago
 

Blog

Performance: "Brancura" (Porto, 23 de abril, 22h30)

"A brancura é uma cor difícil de descrever. É branca e nada mais, e assim que pensamos nela, começa a deixar de o ser." — José Saramago

 

Brancura é o título de uma performance poética inspirada em várias obras de José Saramago e criada por Silvia Penas e Branca Trigo. A peça será apresentada, com o apoio da Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo, na próxima quinta-feira, 23 de abril, às 22h30, no âmbito das jornadas Poesia e Performance IV, integrada na Sessão de Performances 2, que terá lugar na Casa Comum (Reitoria) da Universidade do Porto.

 

Disponibilizamos a seguir o resumo completo da peça:

«Brancura é unha intervención perfopoética que utiliza o binomio brancura/branquitude para desmantelar a súa aparente neutralidade e explorar o seu peso político e histórico. O traballo inspírase no branco cegador do Ensaio sobre a Cegueira e no branco incómodo do voto nulo no Ensaio sobre a Lucidez de Saramago. Acode tamén ao Homem Duplicado como modelo da escisión identitaria e binaria que a brancura impón: o corpo branco é, e o corpo branco representa.


As dúas performers, dous corpos que reflicten as súas propias gradacións de brancura, utilizan o movemento e a palabra para tensionar os límites do termo, historicamente asociado á pureza, a razón e, perigosamente, á hexemonía.

 

Desde a perspectiva da teoría da performatividade de Judith Butler, a performance non é só unha representación, senón o acto iterativo que constrúe e mantén a categoría de "corpo branco". A peza busca perturbar este habitus performativo para revelar a súa artificialidade política.

 

O voto en branco do Ensaio sobre a Lucidez serve como metáfora central da dupla natureza da brancura. Do mesmo xeito que os corpos idénticos d'O Homem Duplicado encarnan destinos opostos, o voto branco e o propio concepto de brancura posúen dúas caras aparentemente iguais pero con consecuencias diverxentes: unha lucidez que rexeita o sistema ofrecido, expondo a súa ilexitimidade; ou unha opacidade calculada que lle permite ao poder seguir operando sen resistencia efectiva.


A performance articúlase coa noción de dispositivo (Agamben), que captura e xestiona a vida. A brancura aquí é o lugar onde o dispositivo opera con maior eficacia, utilizándose para ocultar a súa propia condición política. Ao intervir no lugar da brancura, as artistas propoñen unha interrupción. Trátase dunha política da arte (Rancière) que, ao facer visible o suxeito branco como suxeito político e non universal, redefine a distribución do sensible.


Ao reflectir a súa propia condición, a peza convida a pasar da brancura cegadora á brancura lúcida, aquela que permite ver as sombras que historicamente foi autorizada a ocultar.»

 

_________________________

Branca Trigo Cabaleiro (1997) investiga sobre o vínculo entre a monstrosidade e as identidades queer na poesía galega contemporánea para a súa tese doutoral na Universidade de Vigo.
Desde 2021, co-dirixe Edicións Malafera, un selo independente que aposta pola poesía experimental e polas novas voces da literatura galega. Publicou catro poemarios, entre eles o recente Mundo Carne (2025). A súa obra aparece tamén en revistas e publicacións colectivas. Gañou certames de poesía coma o do Concello de Carral.
No ámbito escénico, introduce nos seus recitais elementos do shibari, o audiovisual e a pintura grazas á colaboración con outres artistas.
Por último, Branca traballa a literatura oral como regueifeira. Actualmente imparte clases de improvisación oral en verso desde o Concello de Vigo.

 

Silvia Penas (1980) é unha poeta cuxo traballo arranca da creación textual para indagar na poesía escénica e expandida.
É cocreadora, xunto a Jesús Andrés Tejada, da formación Cintaadhesiva, activa no ámbito da escena galega e internacional. Ademais, desenvolveu proxectos escénicos en solitario e en colaboración con artistas de diversos ámbitos ao longo dos últimos 15 anos. Incursións no teatro, na música e formatos multidisciplinares.
Recibiu varios premios de poesía polas súas obras, como o Premio Manuel Lueiro Rey ou o Premio Avelina Valladares. Recentemente (2024), foi galardoada co Premio Follas Novas e o Premio Aritmar (Galiza- Portugal) ao mellor poema por Retratos de vodas, partos e funerais. No mesmo ano recibiu o Premio de Poesía do Concello de Carral polo poemario A pel do exilio.

 

Atualização (29/07): Fotografias da performance por cortesia do ICML/U.Porto, publicadas neste álbum fotográfico sobre as IV jornadas Poesia e Performance na plataforma Flickr (créditos: ICML/U.Porto).

 

 

 

Publicado, 21/04/2026




Documentos anexos



Etiquetas

Atividades culturais
Bibliografia passiva
Arte
Poesia




Artigos relacionados